iLLOTE

Pero que é iso de iLLote?

 

ILLOTE é unha iniciativa

que nos ofrece in streaming

espectaculares actuacións musicais,

botando unhas risas no camiño.

ILLOTE quere que goces da música.

Deveza por levarte

a un arquipélago de grandes artistas ILLADOS.

Sen saír da casa, sen empurróns nin pisaduras.

ILLADOS, coma ti e coma min.

Porque non somos rochas ancoradas ao silencio.

Somos ARQUIPÉLAGO.

Por iso ILLOTE desexa

que goces de voces suaves e poderosas.

A ritmo de rock, rap, folk, blues, soul, indie, pop…

Que te mergulles en letras e acordes que zumegan

melodías rápidas e tamén lentas.

ILLOTE invítate a bailar,

a beber entusiasmo e a cantar!!

 

María Xesús Blanco